Actualidade

O programa “Atención social, asesoramento e intervención especializada” de ACEM beneficiou xa a 50 persoas

A continuidade do programa é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda.  

Só no que vai de ano 50 persoas xa se viron beneficiadas por este programa.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas  (ACEM) pode continuar en 2024 o seu programa de “Atención social, asesoramento e intervención especializada”, un servizo moi demandado polas persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson, e polas súas familias.

O servizo de “Atención social, asesoramento e intervención especializada” está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.

A actuación deste programa vai encamiñada á intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple e párkinson e as súas familias: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno ás enfermidades e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; e a mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas.

As persoas socias de ACEM interesadas neste programa poden contactar coa asociación nos teléfonos  981 575 240 – 620 533 471 e no mail acem.santiago@gmail.com

Programa de Atención Social, Asesoramento e Intervención Especializada I

  • Cofinanciamento: Xunta de Galicia
  • Entidade beneficiaria: COGAMI
  • Entidade executante: ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.  
  • Título do proxecto:  Atención Social, asesoramento e atención especializada I.
  • Título do programa: Atención Social, asesoramento e atención especializada I.
  • Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
  • Subvención xestionada por COGAMI

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *